miércoles, 28 de marzo de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS

Aquí tedes unha serie de recomendacións en torno ao tema da lectura e os vosos fillos/as.

martes, 27 de marzo de 2012

DÍA DO TEATRO - 27 M

Hoxe é o Día Mundial do teatro.
Esta foi a última obra representada na biblio polos nenos e nenas de 1º primaria:

jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA - 22M

Hoxe, 22 de marzo, é o “Día Mundial da Auga”, e no colexio unímonos á celebración coa organización dun evento con valores deportivos e solidarios, que á vez supón unha xornada de convivencia entre os nenos/as, a “IV Carreira de Gotas para Níxer”. 


Durante estes días estamos traballando a importancia de usar a auga de xeito
axeitado, ademais de cal é a situación de moitos nenos e nenas do mundo que non
teñen a fortuna de contar con auga potable próxima e de calidade. Concretamente
para Níxer". A situación deste país africano, un dos máis pobres do mundo no que un
de cada cinco nenos e nenas non chega aos cinco anos de idade, precisa da nosa
atención.

Un dos elementos que pode servir para mellorar esta realidade é o desenvolvemento
do programa de Supervivencia Infantil que esta organización leva adiante en Níxer,
poñendo un especial énfase en proporcionar aos habitantes un mellor acceso á auga
potable, da que só poden gozar o 48%, un sistema de saneamento (latrinas,
sumidoiros e xestión de residuos) só ao alcance do 9% dos seus habitantes e a
promoción de prácticas hixiénicas básicas e efectivas.


Na web do Cole podes atopar os vídeos desta actividade

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

Celebramos o DÍA DA POESÍA á vez que seguimos traballando no tema do consumo responsable, enfocado no 1º e 2º ciclo de primaria Á AUGA. Por eso vos propoñemos o seguinte conto para que pensedes na sorte que tedes; nós xa o fixemos:
Ademais, aquí vos deixamos uns enlaces interesantes para traballar coa poesía:


Non esquezas pasar pola biblio 
e coller o teu libro de poesía!

jueves, 15 de marzo de 2012

Onte e hoxe estamos a celebrar no cole o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

O lema para a celebración deste ano 2012 relaciónase coa información, formación

e educación, garantizando deste modo os dereitos dos consumidores.

Un consumidor informado exise e fai valer os seus dereitos. Ademáis non debemos 

olvidar que a formación e a educación fomentan un consumo responsable e sostible.

O lema tamén refírese ás novas tecnoloxías e a información e difusión dos 

dereitos dos consumidores e usuarios no mundo globalizado das redes sociais.

Fixemos varias actividades que queremos compartir con todos vos:
- Vimos dous vídeos na biblio:
XOGO INTERACTIVO CONSUMOEste é un xogo interactivo, creado por Greenpeace, para fomentar entre
os máis novos o consumo crítico e responsable. Pretende favorecer a reflexión sobre o impacto dos nosos 
hábitos de consumo e as nosas accións no medio ambiente
- Os nenos e nenas de Infantil debuxaron hábitos da persoa consumista e hábitos da persoa responsable.
- Os nenos/as de 1º e 2º ciclo viron ademais:
 e fixeron un mural con prácticas correctas/incorrectas sobre o uso da auga e outro co rexistro persoal de gasto de auga.
- O alumnado do 3 ciclo traballo nos dereitos do consumidor, na información que deben dar as etiquetas dos productos e nas follas de reclamacións.

miércoles, 14 de marzo de 2012

DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE - 15 M

Esta semana imos traballar no cole distintos aspectos do consumo responsable De momento deixámosche uns vídeos que seguro te farán reflexionar:

lunes, 12 de marzo de 2012

CONCURSO ESCOLAR ONCE

No 3º ciclo de primaria levamos varias semanas traballando sobre as discapacidades como puidestes ver nas entradas anteriores do blog. Agora tocaba representar nunha lámina as dificultades que podemos atopar no noso barrio e como solucionalas. Aquí tedes unha mostra dos traballos presentados ao Concurso Escolar da Once "Fai o teu barrio accesible" polo alumnado de 5º e 6º:






sábado, 10 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Aquí che deixamos unhas fotos reflexo de como celebramos no cole o Día Internacional da Muller:
- Lectura  
- Vídeo animado
  

viernes, 9 de marzo de 2012

NOVIDADES

Hoxe atoparás novos títulos na sección de novidades da biblioteca, bótalle un vistazo!
  
   

jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, día 8 de marzo, é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Sabías que o lema deste ano 2012 é "Habilitar á muller campesiña-Acabar coa fame e a pobreza". Se queres coñecer máis datos visita a web das Nación Unidas.

Tamén podes ver este vídeo: 

Aquí tés varias lecturas que están relacionadas co tema en xeral:
     

miércoles, 7 de marzo de 2012

TEATRO DE 1º PRIMARIA

Onte os nenos e nenas de 1º primaria representaron na biblio: "The enormous carrot" para Educación Infantil e 3º. Se queres, ti tamén podes vela.

Noraboa, rapaces!

martes, 6 de marzo de 2012

ESTRENO TEATRAL NO PARAIXAL


Hoxe hai unha actuación especial na biblioteca: os pequenos/as van representar a obra de teatro en inglés "THE ENORMOUS CARROT", aquí vos deixo o cartel: