sábado, 31 de octubre de 2020
AS CABAZAS
martes, 27 de octubre de 2020
SAMAIN
A semana máis terrorífica do ano!!
Chegou o outono e con el as súas cores, e a festa das Cabazas ou Samaín. Preparados para comezar a tallalas ?
Este ano como é especial decoraredes as cabazas nas vosas casas como nos cursos pasados, cando esté rematada mandaredes unha foto dela ao email dos titores, estas serán impresas e colocadas na aula. Se hai moita participación faremos un concurso! Polo que animadevos a participar!!!
Vos deixo un video dunha lenda que explica a historia de Samain. Espero que vos gusten e… moito ollo coas pantasmas, bruxas e morcegoooooooooossssssss
https://www.youtube.com/watch?v=uLKkcStWgqE&feature=youtu.be
sábado, 24 de octubre de 2020
COMEZAMOS UN NOVO CURSO
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe 24 de outubro é o día das biblotecas. E xa están en marcha as nochas mochilas viaxeiras!
Estamos a vivir unha NOVA REALIDADE polo que este curso vai a ser diferente pero seguro que vai ser un ano de novos descubrimentos, posibilidades, cheo de creatividade, imaxinación e, por suposto, de fantásticas aventuras a través dos libros.
Dada a actual situación, sabemos que non poderemos desenvolver algunhas das actividades que viñamos realizando na nosa biblioteca, pero intentaremos programar e levar a cabo outras novas. Este blog será a principal vía de difusión das actividades propostas.
Moito ánimo e moitas lecturas!