sábado, 24 de octubre de 2020

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

DÍA DAS BIBLIOTECAS 


Hoxe 24 de outubro é o día das biblotecas. E xa están en marcha as nochas mochilas viaxeiras!

Estamos a vivir unha NOVA REALIDADE  polo que este curso vai a ser diferente pero seguro que vai ser un ano de novos descubrimentos, posibilidades, cheo de creatividade, imaxinación e, por suposto, de fantásticas aventuras a través dos libros.

Dada a actual situación, sabemos que non poderemos desenvolver algunhas das actividades que viñamos realizando na nosa biblioteca, pero intentaremos programar e levar a cabo outras novas. Este blog será a principal vía de difusión das actividades propostas.

Moito ánimo e moitas lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario