miércoles, 30 de octubre de 2013

30 OUTUBRO - DÍA TERRORÍFICO NO CEIP PARAIXAL

Hoxé será un día terrorífico no CEIP Paraixal: sustos, bromas, historias e contos de medo...
Ás doce haberá unha película para os máis valentes:

FELIZ HALLOWEENNNNNNNNNNNNNNNNNNN!!!!!!!!!

Contacontos

Onte tivemos unha sesión de contacontos no colexio levada a cabo por Helen Burr.

Contacontos con Helen on PhotoPeach

lunes, 28 de octubre de 2013

24 de outubro

O día 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas escolares que como ven sabedes este ano adícaselle a ler ciencia na biblioteca.
Nos conmemorámolo facendo entrega das mochilas viaxeiras a cada clase

Mochilas viaxeiras on PhotoPeach

lunes, 21 de octubre de 2013

Libros terroríficos



Polo Samaín imos ter unha selección de libros novos relacionados con monstros, bruxas e outras criaturas.

 O primeiro deles e Los Alienson que son unha típica familia normal....Bo, casi pois veñen dos país de Valvax-7.  Tamén teñen unha mascota dun so ollo , Chucho.

 A continuación temos Los Humanson que tamén teñen as súas peculiaridades como lavar o coche con iogur.

Se queredes saber máis sobre eles pincha
http://www.freakstreet.com.au/home.html
















 Pongwiffy é unha bruxa un tanto especial xa que dase conta que non pode seguir coa súa vida pouco saudable polo que decide poñerse en forma . Se queredes saber cómo acaba o conto podedes collela na biblioteca na sección de novidades.





jueves, 17 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro vaise celebrar o día das bibliotecas escolares.
Este ano vai estar adicado a ciencia polo que vos invitamos a mergullarvos nesta sección descubrindo as ciencias naturais, a astronomía, a física, a bioloxía ou a xeoloxía nos nosos libros, en internet ou na revista de ciencias.
Asi mesmo aquí vos deixo uns enlaces que espero vos gusten

http://www.igaciencia.eu/drupal7/

http://www.labirintos.eu/

miércoles, 16 de octubre de 2013

O cullarapo Croque

Hoxe os nenos e nenas de infantil teñen un taller de contacontos " O cullarapo Croque".

Se queredes saber máis podedes pinchar no seguinte enlace

http://cullarapocroque.blogspot.com.es/

O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo. O Cullarapo Croque on PhotoPeach

viernes, 11 de octubre de 2013

Fotos de día do correo

Como ben sabedes, o nove de outubro celebramos o día do correo con moitas postais que chegaron ao noso cole. Primeiro investigamos cómo é unha postal, despois fumos a escribilas na biblioteca e por último levámolas ao buzón. Este día repartiron o correo por aulas e os nosos titores foron os encargados de darnolo. Día do correo on PhotoPeach

Maleta de poesía

Hoxe fixemos a presentación da maleta de poesía que nos deixaron no centro de recursos de Vigo. Houbo unha presentación do material e despois foi repartido por todo o centro para que poidamos desfrutar del. Maleta de poesía on PhotoPeach

miércoles, 9 de octubre de 2013

9 de outubro: Día internacional do Correo

Hoxe celébrase o día internacional do Correo. A historia do correo comeza ca historia do noso mundo, xa que sempre tivemos a necesidade de comunicarnos entre nos de diferentes modos: viaxando,por correo, por teléfono e hoxe en día por correo electrónico. Deixámosvos aquí un enlace para que saibades máis sobre este sistema de comunicación

 http://www.correos.es/ss/Satellite/site/pagina-historia_informacion_corporativa/sidioma=es_ES


 



E para os máis pequenos aquí temos outra historia de correo



lunes, 7 de octubre de 2013

Día do Correo

Os nenos e nenas do Paraixal están traballando nas postais e algunhas xa están rematadas:






sábado, 5 de octubre de 2013

miércoles, 2 de octubre de 2013

A volta ao mundo en 80 días

Tal día coma hoxe en 1872, parte o protagonista da novela de Xulio Verne a gañar a súa aposta de dar a volta ao mundo en 80 días. Se queredes saber algo máis podedes ler o seguinte artigo http://es.wikipedia.org/wiki/La_vuelta_al_mundo_en_ochenta_d%C3%ADas

NOVIDADES

Bo día a todo o mundo! Escríbovos para informarnos que a nosa biblioteca xa abriu as súas portas neste curso e que xa funciona o servizo de préstamo. Tamén dicirvos que o novo número da revista Caracola xa chegou. Seguro que máis de un vaise alegrar de saber que hai novas historias que ler! Esperamosvos!

martes, 1 de octubre de 2013

1 de outubro: Dia internacional das persoas maiores

Aquí deixovos un artigo sobre o día internacional das persoas maiores. Espero que vos faga reflexionar sobre a súa importancia na nosa vida diaria. http://www.un.org/es/events/olderpersonsday/