jueves, 30 de abril de 2020

How´s the weather? Que tempo vai?

Let´s Sing! / Imos cantar!

 Remember.../ Recorda...

Let´s Play! / Imos Xogar!

https://www.eslgamesplus.com/weather-vocabulary-esl-memory-game-for-beginners/

BINGO DE LETRAS

Para esta semana a proposta de lectoescritura é facer o noso propio bingo de letras e xogar en familia!
Así traballaremos o son das letras a súa escritura e mesmo a conciencia fonolóxica. Vexamos como:

1- O primeiro paso será elaborar as tarxetas de Bingo. Para iso dividiremos un folio en 4 partes e debuxaremos con axuda dunha regra lineas horizontais e verticais con, como mínimo, 6 ocos (depende a idade). Despois só temos que pedirlle aos cativ@s que escriban varias letras diferentes en cada "cartón de bingo", nos máis pequenos (3 anos) debemos xogar coas letras do seu nome que son as que coñecen.


2- Buscar pola casa letras do abecedario se as temos, tipo imán ou de madeira ou crelas en papeliños; e metelas nun saquiño ou bote.



3- Xa temos listos os nosos cartóns e as letras para comezar! Agora podemos xogar de varias formas: 

- Nivel 1: un membro da familia vai sacando letras dicindo o son (mellor como soa que como lle chamamos nos) que fai cada letra e cada participante vai tachando no seu cartón se a ten

- Nivel 2: buscar pola casa obxectos que comecen por cada letra do abecedario (se non atopamos algunha con non escribila no cartón solucionado) e metelas no saquiño ou bote e facer o mesmo proceso que no Nivel 1, pero esta vez entre todos dicir por que letra comeza o obxecto antes de proceder a tachar.

Espero que vos guste e o pasades ben na súa elaboración ;)

GRAFISMO CREATIVO con rotuladores

Hoxe imos traballar a nosa grafomotricidade a través da creación de debuxos con diferentes grafismos. Seguro que vos acordades de repasar liñas con moitas formas: zig-zag, espirais, rectas verticais, horizontais... pois podemos facer o mesmo pero un pouco máis divertido e xogando coa creatividade de cada nen@.

Eu descubrin hai anos esta forma de traballar os grafismos grazas ao blog: la clase de Miren e aos libros de Hervé Tullet.  Deixo 2 propostas primaverais para estes días:

1 - BOLBORETA CREATIVA: para facela só necesitamos facer ou imprimir unha imaxe dunha bolboreta grande, e a actividade consiste en encher os diferentes ocos debuxando grafismos distintos, non vale repetir, por exemplo:


Podedes deixar que inventen os grafismos ou darlles modelos a seguir como:




2- FLORES CARACOLADAS:  a actividade consiste e facer espirais ou caraois partindo dun mesmo punto. Necesitades un folio ao que debuxaredes varios círculos ben separados ou pegaredes varios gomets circulares. O resultado será algo asi:

imaxe do blog A clase de Miren


Espero as vosas creacións ;) 


miércoles, 29 de abril de 2020

A SEÑORA LINGUA

Proposta de A. L. desta semana:


Boas rapaces e rapazas!

Esta semana tráiovos un vídeo que fixen sobre "A señora lingua"! 

Estades preparad@s? É moi importante exercitar a lingua para mellorar a nosa fala, así que, ADIANTE!


(Vídeo feito por: Camino Alfaya)

Outro aspecto moi importante para estimular a linguaxe, é manter unha boa respiración,e para iso, debemos exercitala. Propóñovos tamén para esta semana pintura con soplo!

Como podemos pintar soplando? 
- Necesitamos: papel ou cartón (canto máis grande, menos mesa mancharemos ;)), pinturas á auga (tipo acuarelas), pompeiros ou palliñas. 



- Proceso: preparación dunha zona de traballo e do soporte (papel ou cartón), mezclaremos auga coas acuarelas que máis nos gusten, mollaremos o pompeiro ou a punta la palliña na pintura, e, a soprar dirección ao folio! Seguro que van sair creacións moi chulas!

Apertas!

Cami

martes, 28 de abril de 2020

Clothes / Roupa

Watch the Video! / Mira o video!

https://www.youtube.com/watch?v=T4h41CgIGwc

Lets Sing! Imos cantar!

https://www.youtube.com/watch?v=-jBfb33_KHU

 

lunes, 27 de abril de 2020

SIMETRÍAS


Hoxe imos traballar a orientación espacial, doscriminación visual, concentración e mesmo grafomotricidade a través da SIMETRÍA. Podemos facelo de varias formas, vexamos algún exemplo: 

- MANIPULANDO OBXECTOS: pezas de construcción, obxectos cotiáns, depresores, bloques lóxicos..., e tamén empregando espellos 



- En PAPEL: debuxando a metade que falta, podemos facer nos o debuxo e pedirlle ao nen@ que o complete ou imprimilas (facer clic na imaxe)


 

- CON PINTURA: pintar a metade dun folio con pincel e doblalo para ver a simetría



- ONLINE: preme na imaxe para acceder aos xogos




viernes, 24 de abril de 2020

SUPERHEROE CONTRA O VIRUS

Desde o Departamento de Orientación, recoméndannos este conto con instrucións claras para a saída á rúa, permitida a partir do próximo domingo 26 de abril.



ARTE A TRAVÉS DOS ALIMENTOS

A proposta desta semana de Cami, a mestra de A.L. é a seguinte: Arte a través dos alimentos!

Que precisamos? Calquer alimentos ou obxecto (non perigoso) que atopemos pola cociña: macarróns, froitas, paliños, arroz, lentellas, fabas, hortalizas,...



Que podemos facer con isto? Deixade voar a vosa imaxinación! Representade o que se vos ocorra. A min, ocorréuseme facer unha cara, outro día unha casiña...



Agardamos ver as vosas creacións :)


jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celébrase o día do libro

Por iso, vos deixamos unha selección de contos para que disfrutedes. So tedes que facer clic na imaxe



E se vos gusta xogar a Dobble, aquí tedes un de contos que comparte o blog:  https://mipequenorinconcristina.blogspot.com


World Book Day/ Día Mundial do Libro

Let´s Read! / Imos Ler!


https://www.youtube.com/watch?v=av54lMqPLW0

Crafts / Manualidades


 

O CONTO DE MAXINA

Hoxe, tócalle o turno a Maxina, que nos le "Contos de ratiños":




Moitas grazas a  Maxi e a súa familia!! Estas feita unha experta en contar contos ;) Un biquiño

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA

Hoxe vos propoño un xogo moi divertido, apto para todas as idades e que traballa a discriminación auditiva, tan importante para a fala.

O xogo ten varias partes:

1. Encher botes de actimel, ovos de plastico (tipo Kinder), ou outros recipientes opacos con diversos elementos: garavanzos, lentellas, arroz, clips, boliñas, pedriñas, auga,... todo o que se vos ocorra. Con cada elemento ensinar o que leva, pechalo e facelo sonar.

2. Facer sonar algún bote ou ovo ao azar e tratar de adiviñar que leva dentro

3. Asociar cada bote/ovo a unha tarxeta coa foto, debuxo, palabra do elemento do que está recheo. E posteriormente comprobar se acertamos todos ;) Difícil?? Xa me contaredes

4. Facer parellas, encher co mesmo elemento 2 botes en lugar de un e intentar buscar as parellas polo son que fan.




Tamén podedes traballar a discriminación de sons cos numerosos vídeos que aparecen en youtube "Adivina los sonidos", soamente tedes que tapar os ollos, escoitar os sons e adiviñar de que obxecto, animal, parte do corpo, se trata. Agudiza o teu oído!




miércoles, 22 de abril de 2020

A CONTACONTOS CÍES

Hoxe é o turno de CÍES é o seu delicioso conto: Marcelina en la cocina.


Noraboa Cíes! Encántanos a túa xirafa, xa nos contarás como facela ;) E graciñas a ela e a súa familia por participar na actividade. Biquiños

ACTIVIDADES MANIPULATIVAS

O blog https://losarquitectosdelfuturo.es/ ofrécenos unha presentación con varias actividades manipulativas para facer cos/as peques estes días. So tedes que ir seguindo al flechas e clicar enriba de cada actividade para ver a súa descrición.

Espero que vos guste ;)


martes, 21 de abril de 2020

ELENA LE UN CONTO

Achégase o Día do libro e que mellor forma de celebrando que lendo contos ;) 

Seguro que moitos sabedes que os nenos e nenas de 1º de Primaria levan todo o curso baixando, de cando en vez, a ler un conto ao alumnado de infantil. Por iso, o profe Anxo máis eu, pensamos que sería bo continuar con esta práctica, aínda que sexa telemáticamente. 

Xa recibimos varios videos, que irei colgando día a día para que os vexades en familia. 

 Comezamos con Elena e o seu conto: A min non me comas. 



O fai xenial, a que si?

Moitas grazas a Elena e a súa familia por animarse e facer posible esta actividade ;) Moitos bicos

CONCIENCIA FONOLÓXICA

A conciencia fonolóxica é un requisito indispensable para o posterior aprendizaxe da lectura e a escritura. Trátase da capacidade de recoñecer que as palabras están formadas por fonemas (sons) e asociados a un determinado grafema (letra).

Na etapa de educación infantil é unha das capacidades que máis se traballan. Por iso deixo algunhas actividades que podedes facer con eles estes dias.


Veo Veo: este xogo ao que tod@s xogamos algunha vez, axuda a diferenciar palabras co mesmo son (fonema). Podedes facelo de forma oral con cousas de casa ou tamén vos deixo estas tarxetas sacadas do blog https://www.twinkl.es/search?term=veo+veo  Se facedes clic na imaxe podedes descargar máis.

Podedes xogar en familia e por turnos dicir palabras coa letra que representa cada tarxeta ou mesmo algún día, xogar a escribir esas palabras.



Palabras ocultas: este xogo trata de escribir a letra coa que comeza cada debuxo e descubrir cal é a palabra oculta. O alumnado de 5 anos xa o coñece pois o temos na clase. Deixo dúa versións: unha interactiva para xogar no ordenador e outra para imprimir en papel. Recordade que sempre tedes a posibilidade de creala vos coa axuda dos peques, so necesitades imaxes de revistas e pegamento e podedes crear as vosas propias palabras ocultas ;)


Palabra do día: Por último, deixo unha folla de ampliación por se queredes traballar de maneira máis profunda algunha destas ou outras palabras. Neste xogo, procurade deixar que escriban o que escoitan aínda que non se corresponda co que escoitamos nós. Podedes axudarlles dicindo a palabra de forma lenta e recalcando o son das letras que a compoñen ;)




Pete the Cat

Play with Pete the Cat

http://prekautism.com/petes-shoes-color-match/

And Sing the Song:

lunes, 20 de abril de 2020

SERIES

Facer seriacións de obxectos favorece no alumnado o desenvolvemento da súa capacidade lóxica. Por iso hoxe vos propoñemos que cada día dediquedes un ratiño a propoñerlles algunha serie adaptada ao seu nivel. Podemos usar calquera material que teñamos pola casa: tapóns, pompóns, plastilina, pinzas, gomets, dados, cunchas, follas, cartas... 





Tamén poden crear series en papel eles mesmos facendo debuxos, formas xeométricas, cores, recortando animais, con pegatinas... Por exemplo: 




Outra forma de traballala pode ser a través de aplicación e xogos online. "Las series lógicas de Lucas" é bastante apropiada par estas idades e ten 2 niveles: menos de 5 anos e máis de 5 anos. Podedes descargala facendo clic na imaxe:






-

CREAMOS HISTORIAS

Cami, a mestra de Audición e Linguaxe, deixa a seguinte proposta de actividade:

Lembrades cando nas sesións de estimulación da linguaxe inventamos historias cos dados ou cos tapóns? Pois na casa tamén podémolo facer, cos obxectos e xoguetes que teñamos, só fai falla deixar libre a nosa imaxinación. 

Por exemplo, collemos: os nosos xoguetes favoritos, unha froita, un utensilio de cociña, algún obxecto do noso salón, ou calquer obxecto da casa que vos guste, e veña a crear unha historia! 
"Había unha vez..."

Outra opción, é que vos mesm@s creades os vosos propios tapóns conta historias. Para isto, necesitades agrupar cantos máis tapóns de botellas de auga ou leite poidades, debuxades diferentes obxectos, animais, persoas, personaxes de contos, lugares ou sitios maravillosos, recortades eses debuxos e os pegades nos tapóns. E xa teredes os vosos propios tapóns conta historias! 

Adxuntamos fotografías dos tapóns que fixemos para as sesións de estimulación da linguaxe.

Un saúdo a tod@s!




viernes, 17 de abril de 2020

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O noso orientador, Emilio, ofrécenos unha guía para axudar, tanto ás familias como ao alumnado, a pasar estes días de confinamento. Para vela en detalle facede clic na imaxe:



Tamén nos deixa un exemplo para distriubuir o día a día c@s nen@s:



E unha táboa para traballar e axudar aos cativos a expresar as súas emocións e sentimentos, pois xa sabedes a importancia da educación emocional na etapa:





Esperamos que vos sexa de axuda. 

INSTRUCCIÓNS PIRATAS

Vamos a traballar a comprensión oral con este xogo de piratas creado por mestras de Audición e Linguaxe. Só tedes que seguir as instruccións.
Fonte: https://www.facebook.com/comunicarnosayl/

ABECEDARIO II

Comezan a chegar fotos de letras escondidas nas nosas casas ;)

Xabi e Xián C. atoparon as seguintes, sabedes cales son? (podedes deixar o voso  comentario ao final da páxina):



Moi bo traballo chicos!!

REPASAMOS CONCEPTOS

Cando @s nen@s xogan están aprendendo un montón de cousas, de ahí a importancia do xogo nesta etapa. Hoxe vos propoño un xogo para facer en familia e aproveitar para repasar moitos dos conceptos traballados nesta etapa.

Para comezar tedes que buscar unha mes ou lugar onde sentarvos toda a familia. O xogo consiste en buscar pola casa obxectos que cumplan as premisas que se propoñen nas tarxetas e levalos ao punto de inicio elexido (a mesa, o chan, ...). Seredes quen de atopar todo?

 Deixo 2 exemplos, unha con tarxetas individuais e outra con listas con temáticas para completar. Non tedes que usar estas, son ideas, pode ser oral e cada un dicir unha cualidade a buscar nos obxecto ou podedes crear as vosas propias tarxetas.

Espero que vos guste ;) para ver todas as tarxetas facede clic nas imaxes


fonte Facebook




jueves, 16 de abril de 2020

COAS MANS NA MASA

Cami, a mestra de A.L., proponnos facer a seguinte receita: magdalenas caseiras!

Con esta actividade, ademais de degustar e disfrutar da cociña, traballamos a prelectura, a estimulación sensorial, a percepción, a concentración e a lóxica-matemática medindo e calculando os ingredientes.
  
Podedes observar na seguinte fotografía os pasos a seguir.



Agradecemos que enviades fotografías e incluso vídeos do proceso. 

miércoles, 15 de abril de 2020

ABECEDARIO AGOCHADO

Sabedes que as letras aparecen agochadas por onde menos o esperas? De seguro que pola casa atopades moitas cousas que vos recordan a unha letra. Seguro que máis dunha vez escoitastes aos vosos fillos/as dicir: "mira, parece unha L, M, A..." 

Pois a ver se conseguimos entre tod@s atopar todas as letras do abecedario, so tedes que buscalas cos peques e que lle fagan unha foto. Despois a mandades ao email da clase: infantilparaixal@gmail.com A ver cantas sodes quen de atopar ;)

Deixo un exemplo: 
fonte: pinterest

Aproveitade ademais para facer o voso propio abecedario e repasar todas as letras e o seu son ;)







EXPERIENCIAS EN FAMILIA

Hoxe deixo un pdf con 50 actividades e experiencias para facer nestes días e pasar un bo rato en familia. Algunhas xa as coñecen porque as fixemos no cole, pero aínda así estarán encantad@s de volver a repetilas.

Para ver o documento, so tedes que facer clic na imaxe:

fonte: @diverbichillos




martes, 14 de abril de 2020

DÍA DO BICO

Onte, 13 de abril, foi o día internacional do bico.


Para celebrarlo, déixovos un conto sobre biquiños e Cores. Mamá, de que color son los besos?



Así, que xa sabedes, a dar moitos bicos 💋💋💋

Tamén podedes aproveitar para preguntarlles e falar cos peques sobre a que persoas botan de menos e queren mandarlles biquiños. E podedes elaborar uns botes para meter alí debuxos, mensaxes e biquiños para esas persoas. Cando pase todo lles fará moita ilusión recibir o seu bote.