martes, 31 de marzo de 2020

MANDALAS

Facer e pintar mandalas ten moitos beneficios para nós:

- Favorece a concentración
- Contribúen ao desenvolvemento da creatividade
- Axuda a calmarse

E todo iso pasando un bo rato en familia! Animádevos a facer a vosa mandala con elementos que atopedes pola casa:





        


Deixo tamén un enlace a mandalas para pintar por se vos apetece:



The very hungry Caterpillar

Recordade a historia...


 

Podedes facer unha "Caterpillar"!


 

Ou o que queirades...





lunes, 30 de marzo de 2020

MISIÓN PIRATA

O blog http://www.ayudaparamaestros.com/ comparte un mapa do tesouro con 5 misións divertidas para facer en familia!

O primeiro é investigar un animal e velo en 3D coa axuda de google.
O segundo está relacionado co conto "En Familia" de Olga de Dios
En terceiro lugar son algunhas apps para xogar online, aínda que moitas son para alumnado de primaria.
A cuarta misión é bailar e a última ten que ver coa creatividade.

Aparecen moitas ideas e recursos e todo en forma de mapa do tesouro, que mellor maneira de motivar aos peques. Espero que vos guste ;)



viernes, 27 de marzo de 2020

I love my white shoes

Recordamos a Pete the Cat, cantade con el!

Repasade as cores con este xogo:

jueves, 26 de marzo de 2020

CANCIÓNS PARA MOVER O CORPO

Estes días necesitamos mover o corpo e para iso que mellor que bailar as nosas cancións favoritas:

BULE BULE de Paco Nogueiras


O BAILE DO TIBURON de As andanzas de Paio


DIME QUE FIXECHES E ONDE ESTIVECHES de Migallas


El Twist de los ratoncitos



Baby Shark




E PARA CANTAR:


EU BEN VIN de Migallas



miércoles, 25 de marzo de 2020

EXPERIMENTOS

Xa sabedes que os experimentos sempre gustan entre os máis pequenos/as, e tamén non tan pequenos... Podemos aproveitar moitos materiais que temos pola casa para pasar uns momentos entretidos e aprender ciencia. Os maiores, se lles apetece, poden debuxar o experimento e escribir os utensilios que empregamos.

- Experimentos con AUGA:


- Flota ou non flota: podemos pedirlles que fagan prediccións sobre o que vai ocorrer e posteriormente comprobalo. Podedes probar con todo tipo de obxectos para saber se flotan ou non.





- Ovo antiestrés:



- Debuxos con movemento: este experimento o fixemos o curso pasado  e lles encantou, só necesitades un plato, un rotulador de pizarra branca e auga. Poden facelos tantas veces como queiran e de forma autónoma:


En Youtube atopades moitísimos máis, animádevos a facer algún e gravalo en vídeo ;)



EDUCACIÓN EMOCIONAL

O monstro de cores está un pouco confundido co tema do coronavirus... Con este conto podemos axudar aos máis cativos/as a expresar as emocións que sinten estes días. É importante preguntarlles  como se sinten e deixar que nos expliquen as súas preocupacións.





Tamén o noso Amigo DRACO, deixou unha mensaxe para Nós:
(Para vela só tedes que facer clic na imaxe)











martes, 24 de marzo de 2020

Who took the cookie from the Cookie Jar

Que vos ensinen a xogar con esta canción que coñecen. Precisaredes unha galleta!😀


Podedes facer unha COOKIE con eles usando este video

https://www.youtube.com/watch?v=tnnDkTx6Lhg

lunes, 23 de marzo de 2020

APPS E XOGOS ONLINE

Existen multitude de xogos online e páxinas web para traballar diferentes contidos, deixo enlaces a uns poucos, irei colgando nos vindeiros días máis recursos, só hai que facer clic na imaxe:


https://arbolabc.com/



https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos?buscar=&date_filter%5Bmin%5D%5Byear%5D=&date_filter%5Bmin%5D%5Bmonth%5D=&date_filter%5Bmin%5D%5Bday%5D=&date_filter%5Bmax%5D%5Byear%5D=&date_filter%5Bmax%5D%5Bmonth%5D=&date_filter%5Bmax%5D%5Bday%5D=&idioma=All&ensinanza=2538&nivel=2540&materia=All&tipo=All&licenza=All











ACTIVIDADES E XOGOS DE LÓXICA-MATEMÁTICA: A MEDIDA

As matemáticas están presente na nosa contorno e nos rodean. Temos moitísimos materiais pola casa para traballala cos máis pequenos. Hoxe falaremos de actividades de MEDIDA:

Os nenos e nenas pasan o día comparando: eu son máis alto que ela, isto é máis longo que isto outro, a tartaruga é máis lenta que o guepardo... Podemos aproveitar esta curiosidade nata para propoñer xogos e actividades. Algúns exemplos:

Medida dos nosos zapatos: comparar a talla de zapatos dos diferentes membros da casa e ordenalos de maior a menor ou viceversa, aproveitar para escribir os números e comparalos...

Medida de habitacións e obxectos da casa: pedirlle aos nenos que midan os pasos que mide o salón, a súa habitación, a cociña... e escribilo, sacar conclusións (cal é máis longo, curto..) Tamén podemos medir diferentes obxectos e xoguetes, empregando medidas naturais (dedos, mans...), regras, metro... Ordenar animais de xoguete de mas longo a curto, grande a pequeno...




Trasvases de sólidos e líquidos: xogando as nenas e nenos aprenden moitos conceptos de medida, so temos que ofrecerlles os medios. Algo que lles encanta é facer trasvases duns recipientes a outros con culler, xarras, vasos... Con estes xogos podemos aproveitar para facerlles preguntas como: onde cabe máis/menos?, que recipiente ten máis/menos capacidade?, cantas culler pensas que necesitas para encher este vaso? cantos vasos podes encher con esta xarra? poden facer prediccións e despois comprobalas por eles mesmos.

                

Medida de tempo: É importante traballar o paso do tempo e axudarlles a situarse no día en que viven. Para iso debemos usar un calendario e ir tachando con eles os días que van pasando, falando do día da semana que é, en que mes estamos, cantos días quedan para rematar o mes... Ademais podemos levar un rexistro do tempo que fai cada día e marcalo nunha folla como esta:


Animádevos a probar e nos contades ;)

viernes, 20 de marzo de 2020

How´s the weather?


 
Estes días con tempo cambiante poden repasar a rutina de "How´s the weather" que facemos na clase de Inglés

 

jueves, 19 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA FAVORECER A MOTRICIDADE FINA

O traballo da motricidade fina é fundamental para posteriores actividades como a escitura. Nesta web podedes atopar algúns exemplos: 


Tamén en youtube existen moitos vídeos que mostran o traballo da motricidade fina con materiais cotiáns. Neste primeiro vídeo podemos ver xogos con tapóns:


Ou con todo tipo de material que podemos atopar pola casa:


En pinterest e google atopamos tamén moitos exemplos:


miércoles, 18 de marzo de 2020

CONTACONTOS

Xa sabemos que a todos os nenos e nenas lles encanta que lles lean contos. Por iso, dende a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, nos recomendan 4 sitios online de contacontos e narración oral:

1. Festival Atlántica




en Facebook e Instagram tamén hai contacontos cada día:




MUSEOS VIRTUAIS

Estes días temos que quedar na casa pero iso non significa que non poidamos facer visitas a museos. Na web https://www.europapress.es/desconecta/curiosity/noticia-10-museos-visitas-virtuales-pasear-salir-casa-20200313191810.html podedes atopar algúns exemplos como:

1. Pinacoteca di Brera - Milán. Visítao pinchando neste enlace

2. Galleria degli Uffizi - Florencia. Visítao pinchando neste enlace.

3. Museo del Louvre - París. Visítao pinchando neste enlace


Pero non só hai a posibilidade de visitar museos internacionais, desde a Xunta dan acceso 3D aos museos galegos, entre eles o Museo do Mar de Vigo.

Podedes acceder a todos pinchando na imaxe: 


martes, 17 de marzo de 2020

XOGOS DE MOVEMENTO

Os nen@s necesitan moverse, algo que se está a complicar se poder saír da casa. Por iso os ensino unha serie de xogos que traballan o movemento e á vez a memoria, concentración, lateralidade...

Facede clic nas imaxes para ver os videos:

https://www.facebook.com/Estimulacion.babystars/videos/625798351538584/UzpfSTEyOTgyNjA0OTg6MTAyMjA1MjE1MzQzNzA1MzU/




https://www.facebook.com/Estimulacion.babystars/videos/578812762892454/?v=578812762892454

Son videos sacados da páxina de Facebook: Baby Stars Estimulación Temprana. Alí podedes atopar máis exemplos: circuitos que podedes crear coa axuda dos cativos/as, xogos de motricidade... Sacade fotos das cousas que ides facendo e podedes mandalas ao email da clase de infantil. Ánimo!

Tamén podedes xogar coas letras e o movemento, como nos xogos que nos indica James Van Der Lust neste vídeo:



Tamén é moi necesario o baile, podedes inventar coreografías ou xogar ao Just Dance cos videos colgados en youtube, por exemplo este de piratas:


lunes, 16 de marzo de 2020

CONTO SOBRE O CORONAVIRUS

O Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid elaborou este conto para explicar aos nenos e nenas que é o Coronavirus.




FUENTE: https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta

Tamén é interasante explicarlles a importancia de lavar as mans con xabón a través de este experimento sinxelo, que eles xa coñecían por facelo coa mamá de Mara.




Por último, Dalmaus.com ofrece un conto sobre a importancia de quedar na casa, para colorear, e inclúe un diploma para cando remate o confinamento.


PLASTILINA CASERA



Un dos xogos por excelencia da etapa infantil é a plastilina, xa que contribúe ao desenvolvemento de múltiples aprendizaxes: creatividade, motricidade fina, relaxación... Nesta web podedes ler todas esas vantaxes: https://www.hacerfamilia.com/ocio/noticia-beneficios-jugar-plastilina-ninos-20150216090810.html

Por iso, e ante a imposiblidade destes días de comprala, podemos facela dun xeito facílisimo na casa:

FUENTE; https://www.facebook.com/MamaVuntu/posts/748048908720915

Podedes ver tamén en vídeo os pasos a seguir, o colorante é prescindible, se non o tedes na casa non pasa nada:



YOGA PARA NEN@S

Estes días seguro que estamos máis nerviosos do habitual, por iso é importante traballar a relaxación cos cativos/as. No cole ao volver do recreo, como ás veces estamos moi axitados, empregamos estes videos para calmarnos.



Tamén podedes atopar na web moitas tarxetas con outras posturas. Por exemplo: https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/posturas-yoga-ninos-pdf

Pero recordade facelo con precaución e evitar as posturas perigosas.

IDEAS PARA XOGAR CON NEN@S NA CASA

Agora que imos pasar moito tempo dentro das casas cos nosos fillos/as, colgamos unha serie de actividades que podemos facer para amenizar o tempo.



lunes, 2 de marzo de 2020

UN BOSQUE VIAXEIRO

Hoxe tivemos a visita da investigadora do CSIC Nieves Pilar Vidal González. Puidemos tocar prantas e coñecer os seus nomes, a súa procedencia e a súa evolución.



Gustounos moitos ver estas árbores en minitatura e de agasallo recibimos un globiño.