lunes, 23 de abril de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DO DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro no cole pero, en realidade, xa levamos un par de semanas coa actividade. Todos os nenos e nenas prepararon un conto para narrarlle a un compañeiro/a. Tras a lectura dun texto aclaratorio sobre a celebración desta data, cada parella intercambiou as súas historias e fixo un debuxo; con todos elaborouse un gran mural. Ó finalizar, cada neno/a agasallou cun marcapáxinas ó seu compañeiro/a. Foi unha experiencia moi bonita da que vos deixamos a continuación algunhas mostras!  
FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS!




No hay comentarios:

Publicar un comentario