miércoles, 29 de febrero de 2012

POLO CORREO DO VENTO

O pasado día 15 de febreiro desenvolveuse na Biblioteca do Centro a actividade "POLO CORREO DO VENTO". Viñeron ao colexio o escritor "Mau" e o ilustrador "Pin" para presentarnos un dos seus contos e aos seus protagonistas: o galo "Manolo", a pita "Agapita", a carteira "Andoriña"...
Mentres Man nos contaba a historia deles, Pin debuxábanos nun mural as esceas clave da narración.
Posteriormente, todos participamos na nosa primeira "roda de prensa" e a continuación, nun obradoiro, debuxamos paso a paso ao protagonista do conto. Por último, fixemos a exposición.
Pasámolo xenial e aprendemos moito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario