viernes, 8 de mayo de 2020

CURTAS SOBRE VALORES

Seguro que moitos de vos sabedes que tanto o curso pasado como este, estivemos traballando o Proxecto "O Reino das emocións" de meninos. Este proxecto axudanos a desenvolver as nosas emocións e traballar habilidades sociais, valores... 

Un dos recursos que nos ofrecen é unha filmografía con videos para traballar as diferentes competencias emocionais ao longo do curso. Hoxe gustaríame compartila con vos para que na casa sigan  a traballalas. 

Clica na imaxe:



Ademais, enviaron uns diplomas para darlle aos nenos/as polo ben que o están a facer! 

A idea que tiña era darllos en persoa cando volveramos... pero segundo as últimas novas eso vai estar complicado este curso. Así que volas poño aqui e cando poidamos as imprimimos para cada un.
Noraboa a todos, porque están feitos uns campeóns e campeonas!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario